Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
CRISE NO GOBERNO FERROLÁN

Irisarri queda só no seu intento de ter o prace do pleno para gobernar en minoría

Logo dunha tarde de frenéticas negociacións e dun pleno de catro horas e media, a fenda entre PSdeG e EU semella cada vez maior.

Redacción - 23:50 27/10/2008

Máis de catro horas e medio de pleno non serviron para pechar a grave crise que sofre o goberno local de Ferrol. O acalde, o socialista Vicente Irisarri, non foi quen de sacar adiante a Lei de Grandes Cidades, que lle permitiría gobernar en minoría. O rexedor asegurara que esta lei era a “ferramenta” para gobernar en solitario a cidade. Porén, os sete concelleiros do PP, os tres de Independentes por Ferrol e os dous do BNG votaron en contra. Os seus socios, Esquerda Unida (4 edís) optaron pola abstención logo de pedirlle por activa e por pasiva ao rexedor que sacase o punto da orde do día. Os sete concelleiros socialistas non chegaba para sacar adiante a polémica iniciativa.

Unha boa proba proba da gravísima fenda existente no goberno é que PSdeG e EU se reuniron pouco antes do pleno e non lograron achegar os seus posicionamentos. Pouco antes de chegar ao punto da Lei de Grandes Cidades houbo un receso. Aínda así, o alcalde negouse a retirar o polémico punto asegurando que era urxente e necesaria para a “modernización da cidade”.

Nin Irisarri nin Iolanda Díaz quixeron facer declaracións ao remate do pleno. Agárdase que este mesmo martes se renuden os contactos entre PSdeG e EU para evitar que o goberno local salte definitivamente polos aires. A tenente de alcalde, Iolanda Díaz (EU), pediu desculpas publicamente á cidadanía polo “espectáculo dado nos medios” nos últimos días e recomendoulle ao PSdeG que fixese o mesmo. ,


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: