Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións presidenciais dos EUA

Buscando votos ao berro de "Gora Obama!"

O candidato demócrata á presidencia dos EUA, Barack Obama, empregou o éuscaro na súa propaganda electoral do Estado de Nevada.

Redacción - 11:45 24/10/2008
O pasquín en cuestión, a carón dunha pantalla coa bandeira dos EUA

O pasquín en cuestión, a carón dunha pantalla coa bandeira dos EUA

Nevada é un dos Estados norteamericanos con maior número de habitantes de orixe vasca, xunto a California e Idaho, cousa que se coñece que sabían os asesores do candidato demócrata á presidencia dos EUA, Barack Obama. Durante a campaña o Comité de Apoio a Obama de Nevada lembrou os vascos, e repartiu varios pasquíns coa propaganda electoral traducida ao éuscaro.

O pasquín en cuestión, que agora amosan as webs vascas Goiena.net e Sustatu.com (e que se pode ver a carón desta información) foi recollido nun mitin na cidade de Reno, cando Hillary Clinton e Obama loitaban por liderar a candidatura demócrata ás eleccións presidenciais.

Nos EUA hai, na actualidade, destacados políticos de orixe vasca en ámbolos dous bandos. No republicano está Pete Cenarrusa, quen foi secretario de Estado de Idaho. No demócrata destacan John Garamendi, vicegobernador de California (xa anunciou a súa candidatura para gobernador do Estado nas eleccións de 2010); Rafael Anchia, deputado da Cámara de Representantes de Texas; e Dave Bieter, alcalde da cidade de Boise (Idaho). Anchia e Bieter amosáronse, dende o comezo da campaña, claros partidarios de Obama. De feito, Bieter mesmo chegou a berrar un sólido "Gora Obama!" (Viva Obama!) nun mitin na súa cidade.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: