Choio para a Fundación da Soc. do Coñecemento
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A Fundación para a Sociedade do Coñecemento (
FSC), creada
no mes de xullo, está a elaborar unha listaxe comparativa da competitividade da economía galega no mundo, que fixará a posición do país entre os 55 estados máis avanzados. Galiza, xunto con Cataluña, serán as únicas nacións sen estado que formarán parte dos informes do Instituto Internacional de Desenvolvemento Empresarial (IMD).
O director xeral da fundación, Xosé María Martín Moreno, asegurou que a iniciativa achegará unha visión macroeconómica dos “indicadores máis críticos” da economía galega para diagnosticar a súa situación e deseñar actuacións concretas en sectores estratéxicos.
Martín Moreno non quixo desvelar cal será a posición de Galiza nesa lista, aínda que descartou que “esteamos entre os primeiros”, mais “tampouco estamos entre os últimos”. Os indicadores impulsarán o desenvolvemento do Observatorio da Competitividade, anunciado para mediados do mes de decembro.
Algúns dos obxectivos que anunciou o director da fundación son impulsar a cooperación entre clústers e estabelecer unha “comparación continua” co resto do mundo. Así mesmo, resaltou a importancia das pemes no tecido socioeconómico galego, polo que se incorporarán como membros de número nos catro órganos da FSC.
Os resultados do 'ránking' e o lanzamento do Observatorio servirán para determinar o orzamento da fundación para 2009. Este ano contou cunha partida de 1,9 millóns de euros, dos que a metade procederon da financiación externa e o resto, o gasto corrente, dos patronos. Os fundadores son a Xunta, a través de Presidencia e da Consellaría de Economía, as tres universidades, as entidades financeiras Banco Pastor, Caixa Galicia e Caixanova e as empresas Coren, Fadesa, Finsa, Inditex, Pescanova, PSA Peugeot Citroën e Unión Fenosa.
Martín Moreno defendeu a existencia da fundación no contexto da crise económica e instou a “non perder a visión do futuro”, pois, segundo el, “a misión da fundación é que a posición de Galiza saia o mellor posíbel deste período”.
Nesta Fundación, onde a Xunta participa no padroado a través da Consellaría de Economía, están integradas as seguintes empresas: PSA Peugeot-Citroën, Inditex, Pescanova, R, Coren e Finsa. No campo financeiro participan Caixanova, Caixa Galicia e o Banco Pastor, mentres que no universitario conta coa colaboración das tres universidades.