Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enviará a policía a sufocar as protestas

Berlusconi pon patas arriba o sistema educativo italiano

Supresión de milleiros de mestres e administrativos, drástica redución de cartos para investigación ou separación de italianos e inmigrantes son algunhas das polémicas iniciativas.

Redacción - 09:00 23/10/2008

A educación non é prioridade orzamentaria para o goberno da Fuerza Nueva de Berlusconi. Así o indicaría a reforma educativa promovida polo goberno italiano, un significativo recorte de gasto para a área do ensino que podería ter como consecuencia máis espectacular o despedimento dunha cifra que algúns medios avalían entre 70 e até 100 mil mestres e que o propio Berlusconi fixou en 80 mil.

En cifras, serán recortes de arredor de 8 mil millóns de euros a reasignar polo executivo Berlusconi noutros eidos, é dicir, unha redución de até o 20% no orzamento educativo de Italia. Entre as medidas concretas: segregación do alumnado fillo de inmigrantes, introdución da figura do mestre único ou estabelecemento dunha nota en conduta sen cuxa aprobación o alumno non poderá pasar de curso. Desde o ministerio, xestionado por Mariastella Gelmini, afírmase que "haberá menos profesores pero estarán mellor pagados", xustificando que a eliminación de prazas se fará principalmente renunciando á renovación de postos a medida que se xubilen.

O proxecto puxo en pé de guerra o sector educativo, que reaccionou con fortes protestas en todo o país. Xa en días pasados milleiros de persoas, principalmente estudantes, saíron ás rúas contra a "reforma Gelmini" e anúnciase novas mobilizacións para as próximas xornadas. Fronte ás protestas, o primeiro ministro Berlusconi advertiu de que dará instrucións ao ministerio de Interior para que a policía interveña contra a ocupación das escolas polos manifestantes.


2,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: