Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por segundo ano consecutivo

O Xacobeo Galicia estará na presentación do Tour 2009

O seu director deportivo, Álvaro Pino, representará o equipo ciclista galego, pensando sempre na posibilidade de correr dúas grandes este ano.

Redacción - 19:23 20/10/2008

Correspondendo a un convite enviado polos organizadores do Tour de Francia 2009, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o director deportivo do Xacobeo Galicia viaxarán a París para asistir a vindeira cuarta feira, e por segundo ano consecutivo, á presentación da rolda gala. Alí tamén ha estar Óscar Pereiro, como gañador do Tour en 2006, ademais de Carlos Sastre e Alberto Contador (gañadores en 2007 e 2008 respectivamente).

Nas últimas entrevistas, Álvaro Pino declarou, reiteradamente, que o XGZ está preparado para abordar dúas grandes probas nunha mesma tempada. Unha delas podería ser a 'Vuelta a España', e a outra, o Tour ou o Giro. Xa que a 'Vuelta' estivo dous anos continuados como obxectivo do equipo ciclista profesional galego, Pino vería como un gran reto deportivo para o 2009 poder incluír o Tour ou o Giro no programa desta tempada.

De feito, Pino vai aproveitar a visita a París para facer campaña polo equipo galego. De feito, esta terza reunirase cos representantes das Asociación Internacional de Grupos Deportivos (AICGDP), nunha sesión na que se falará da situación do calendario Pro Tour dende o punto de vista dos equipos profesionais. O proxecto Pro Tour está en vías de recondución, após o achegamento de posturas que se produciu ultimamente entre os organizadores das tres grandes voltas e a Unión Ciclista Internacional.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: