Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
3 MANIFESTANTES MORTOS E 80 FERIDOS

Rebelión indíxena contra Uribe en Colombia

Máis dun millón de persoas de distintos pobos andinas reivindican o acceso a terras que reclaman como súas, e á saúde e educación.

Redacción - 19:03 19/10/2008

Colombia vén asistindo na última semana á proliferación de manifestacións de descontento por parte de pobos indíxenas, nun clima de crecente tensión e insatisfacción que se estende por todo o territorio. Os enfrontamentos provocaron xa tres mortos e oitenta feridos. Os dirixentes destas mobilizaciones, articuladas en torno á Minga Nacional Indígena de Resistencia, sosteñen que o goberno que encabeza Uribe lles declarou a guerra.

O descontento ten orixe na desatención gobernamental a demandas relacionadas coa posesión das terras, o respecto aos seus dereitos históricos, o acceso a servizos de educación e saúde dignos, e o cesamento da violencia contra as comunidades e os seus líderes que cobrou a vida de 15 indígenas entre setembro e outubro. Malia a que eses grupos solicitaron diálogo ao goberno colombiano, este empeñouse en descalificarlos: o mércores, Uribe dixo que as manifestacións de descontento son "manipuladas por persoas que buscan sabotear o tratado de libre comercio con Estados Unidos", e até afirmou ter probas de que nas protestas hai "infiltración terrorista das FARC".

Este sábado Uribe ordenou comprar as terras que os pobos indígenas do departamento de Cauca, no suroeste do país, reivindican como súas, para deter as protestas que se estenderon por case toda Colombia, pero os protestantes rexeitaron a oferta por considerar que iso non resolve o conflito agrario nacional. "O problema non é soamente no Cauca. Hai 400 mil indígenas en todo o país que non teñen terra", manifestou o presidente da Organización Nacional Indíxena de Colombia, Luís Evelis Andrade.

Máis problemas para Uribe
Por outra banda, o oficialista partido Cambio Radical anunciou este sábado o seu rexeitamento a impulsar a reelección do presidente colombiano Álvaro Uribe con miras aos comicios de 2010. Mentres, os traballadores colombianos tamén rexeitaron os proxectos de reforma constitucional que buscan abrir o camiño a unha segunda reelección de Álvaro Uribe e advertiron que continuarán en contra das políticas do goberno. O presidente da Central Unitaria de Traballadores (CUT), Tarsicio Moura, dixo en entrevista con Notimex que as políticas laborais de Uribe son "desastrosas" e polo tanto a oposición a unha nova reelección é total. Agregou que o mandatario protexeu con subsidios a empresarios, prexudicando aos máis pobres.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: