'O Brinde', coprodución chileno-mexicana, leva o premio do público. '1977' recibiu o premio 'Eixo Atlántico' ao mellor filme galego ou portugués.
O xurado do Festival Internacional de Cine de Ourense deu a coñecer este sábado os gañadores en cada unha das categorías desta 13ª edición do certame. Os premios entregaranse esta noite, na gala de peche do Festival. O Gran Premio Calpurnia á Mellor Longametraxe foi para o filme alemán Weltstadt (Cidade do mundo), de Christian Klandt. A coprodución chileno-mexicana 'O Brinde' recibiu o premio do público, mentres que o portugués Bruno de Almeida levou o 'Carlos Velo' ao mellor director de documental por 'The Lovebirds' (Os namorados), que tamén se fixo co premio ao mellor guión.
Esta é a lista completa de gañadores:
-Gran Premio Calpurnia á Mellor Película de Longametraxe: "WELTSTADT" (CIDADE DO MUNDO), Christian Klandt (Alemaña)
-Premio do Público á Mellor Longametraxe: "EL BRINDIS" (O BRINDE), Shai Agosín (Chile / México)
-Premio ao Mellor Actor de Longametraxe: JAKUB POLAK, por "OUTLANDERS" (ESTRANXEIROS) (Reino Unido)
-Premio á Mellor Actriz de Longametraxe: ROXANA BLANCO, por "MATAR A TODOS" (Uruguai, Chile, Arxentina, Alemaña)
-Premio "Cidade de A Coruña" ao Mellor Guión: BRUNO DE ALMEIDA e JOHNNY FREY, por "THE LOVEBIRDS" (OS NAMORADOS) (Portugal)
-Premio Especial do Xurado: "THE CROSSWORD MONOLOGUES"
(OS MONÓLOGOS DO ENCRUCILLADO), Hideaki Kataoka (Xapón)
-Premio "Carlos Velo" ao Mellor Director de Longametraxe: BRUNO DE ALMEIDA, por "THE LOVEBIRDS" (OS NAMORADOS) (Portugal)
-Mención Especial do Xurado: "BI AN" (LOST. INDULGENCE) (PERDA. INDULXENCIA), Zhang Yibai (Hong Kong / China)
-Gran Premio Calpurnia ao Mellor Documental: "GLORIOUS EXIT" (SAÍDA GLORIOSA), Kevin Merz (Suiza)
-Premio á Identidade / Diversidade Cutural: "DONKEY IN LAHORE" (UN BURRO EN LAHORE), Faramarz K-Rahber (Australia / Paquistán)
-Premio "Cidade de Vigo" á Mellor Dirección de Documental: NEASA NÍ CHIANÁIN, por "Fairytale of Kathmandu" (Conto de Fadas de Katmandú) (Irlanda)
-Gran Premio á Mellor Película de Animación: "BERNI'S DOLL" (A BONECA DE BERNI), Yann J (Francia)
-Gran Premio Calpurnia á Mellor Curtametraxe: "AUF DER STRECKE" (ON THE LINE) (NA LIÑA)", Reto Caffi (Alemaña / Suiza)
-Premio do Público á Mellor Curtametraxe: "LAS PIEDRAS NO FLOTAN" (AS PEDRAS NON ABOIAN), Fabián Cristóbal (Arxentina)
-Mención Especial do Xurado: "TANÚVALLOMÁS" (DEPOSITION) (DECLARACIÓN), Peter Gothar (Hungría)
-Premio ao Mellor Actor de Curtametraxe: MATEO WANSING-LORRIO, por "ROBIN" (Alemaña)
-Premio á Mellor Actriz de Curtametraxe: AGATA KULESZA, por "KILKA PROSTYCH SLOW" (UN PAR DE SINXELAS VERBAS) (Polonia)
-Premio ao Mellor Director de Curtametraxe: MARÇAL FORÉS, por "FRIENDS FOREVER" (Reino Unido)