Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Educando nas aldeas

Gradúase a primeira 'turma' de profesores indíxenas do Brasil

Son 81 e recibiron hai unha semana o seu diploma de licenciados en Pedagoxía. É a primeira vez que sae unha promoción enteira de indios no país americano.

Redacción - 17:30 25/10/2008
Dious meniños da tribo dos Guarani / Flickr: robvini

Dious meniños da tribo dos Guarani / Flickr: robvini

Son 81 profesores indíxenas os que recibiron esta semana, nunha cerimonia desenvolvida en São Paulo, o diploma de graduados en Pedagoxía. Segundo fontes da Secretaria de do goberno brasileiro, son a primeira promoción composta só por indios que se forma nunha escola de ensino superior no Brasil. Os graduados xa traballan en escolas instaladas en algunhas das 30 tribos existentes no Estado, e danlle clase a alumnos de até cuarto curso do ensino fundamental, a primaria no Brasil.

Até o de agora, o Ministério de Educação exixía que os profesores que desen clase alén do cuarto curso deberían facer o que se denomina unha licenciatura plena. Ademais, existe unha lei no Estado de São Paulo que prohibe a profesores non indios impartir clase nas escolas das aldeas. Por isto a necesidade de graduar a profesores indios, nunha iniciativa da Universidade de São Paulo e do goberno paulista, os novos mestres tamén poderán darlle clase aos estudantes de quinto a oitavo.

No Estado de São Paulo viven cinco etnias indíxenas: os Guarani, os Tupi-Guarani, os Terena, os Kaingan e os Kerenak. Perto de 1.500 deles estudan nas escolas instaladas nos lugares de asentamento das súas tribos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: