Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NIVEL LARANXA

Protección Civil alerta dun temporal para a noite do luns

Prevense ventos de forza 8 na costa norte e noroeste e chuvias de até 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Redacción - 17:25 06/10/2008

A Dirección Xeral de Protección Civil activou a alerta laranxa, advertindo dun episodio meteorolóxico adverso para a noite do luns ao martes. Prevese un temporal de vento de compoñente suroeste na costa norte do país que podería acadar forza 8. O aviso ampliarase o martes ás Rías Baixas, onde se prevén rachas de intensidade 5 a 6 e alerta amarela.

Segundo informou Meteogalicia, espérase o paso dunha fronte durante a noite, que será especialmente activa nas comarcas do Barbanza e do Salnés, ademais dos puntos altos da zona oeste de Galiza. As chuvias acumuladas poderán chegar até os 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Protección Civil espera que se tomen as medidas de precaución oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas, e lembra a importancia de non achegarse a diques ou rompentes, para evitar golpes de mar, ademais de renunciar ás actividades marítimas. En terra, aconsella adecuar a velocidade na circulación co estado das estradas e previr o paso por zonas inundadas.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: