Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os socialdemócratas, un 28,6%

A ultradereita roza o 30% dos votos nos comicios lexislativos en Austria

O FPÖ subiría do 11% ao 17,9%, mentres que o BZÖ chimparía do 4,11% ao 11,9%, din as proxeccións.

Redacción - 19:20 28/09/2008

O Partido Socialdemócrata Austríaco (SPÖ) resultaría a formación máis votada nas eleccións lexislativas deste domingo en Austria, segundo as proxeccións da televisión pública ORF, divulgadas logo do peche dos colexios electorais.

Porén, os grandes vencedores serían os ultradereitistas da oposición, que xuntos poderían acaparar case o 30% dos sufraxios. O Partido Liberal (FPÖ) de Heinz-Christian Strache subiría do 11% ao 17,9%, mentres que a Alianza para o Futuro de Austria (BZÖ) de Jörg Haider chimparía do 4,11% de hai dous anos ao 11,9%.

O SPÖ, pola súa banda, obtería o 28,6% dos votos, perdendo case 7 puntos respecto aos comicios de 2006, seguido do Partido Popular Austríaco (ÖVP) con un 25,1%.

Os grandes perdedores serían os socios dos socialdemócratas na coalición de goberno fracasada, que durou só 18 meses, o Partido Popular (ÖVP) do actual vicechanceler e ministro de Finanzas, Wilhelm Molterer, que descendería nove puntos, deica o 25,1%.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Heinz-Christian Strache, con bufanda vermella, aspira ao posto de chanceler. Na foto, xunto con outros líderes europeos da ultradereita
Heinz-Christian Strache, con bufanda vermella, aspira ao posto de chanceler. Na foto, xunto con outros líderes europeos da ultradereita
O partido de Jörg Haider, o BZÖ, podería subir espectacularmente
O partido de Jörg Haider, o BZÖ, podería subir espectacularmente