Aínda a política exterior e a seguridade nacional eran os principais temas do debate, a economía acaparou a maior parte do tempo.
O republicano McCain e o demócrata Obama / NYT
Os candidatos presidenciais, o demócrata Barack Obama e o republicano John McCain, reiteraron este venres as posturas da súa campaña ao defender, nun caso, a mensaxe de cambio e, no outro, a experiencia.
O primeiro cara a cara entre os dous aspirantes á Casa Branca, que tivo lugar na Universidade de Mississippi, ofreceu pouco espectáculo mais tivo profundidade nos asuntos, discorreu nun ton profesional e careceu de xestos traizoeiros ou erros grandes.
Segundo as primeiras observacións da prensa, o debate rematou en empate, mais algunhas enquisas danlle unha lixeira vantaxe a Obama. Este tratou de vincular en todo momento ao seu contrincante coas políticas económicas erradas do actual presidente, George Bush, mentres que McCain intentou deixar claro que o seu opoñente carece da súa longa traxectoria e do coñecemento dos temas sobre o terreo.