Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACTIVISMO POLÍTICO

Bono blog

No tempo que duren as xuntanzas internacionais ao abeiro da ONU, o cantante do grupo irlandés U2 comenta temas de actualidade nun blog de seu no 'Financial Times'.

Redacción - 11:25 28/09/2008

O activismo político de Paul David Hewson (máis coñecido como Bono) vén de vello. O líder do grupo irlandés U2 é un home comprometido coa causa humanitaria en África e ten feito diversas declaracións e actuacións a prol da cancelación da débeda externa de países do terceiro mundo, que xa lle valeron dúas nominacións ao Premio Nobel da Paz. Agora, Bono vén de dar un paso máis na súa achega activista da man das novas tecnoloxías.

No seu blog, que publica o diario Financial Times, e que comparte co economista Jeffrey Sachs, analiza as diversas xuntanzas que teñen lugar ao abeiro da ONU con motivo da 63ª Asemblea Xeral, e achega a súa visión sobre a actualidade mundial: fala dos orzamentos da Unión Europea ou da impresión que lle causan líderes internacionais como Sarkozy ("semella un tipo duro, dos que non perde nin o seu tempo nin o teu") ou Zapatero, que louva e cualifica de "sorprendoso e modesto".

Especial atención presta, unha vez máis, a África, da que exalta a súa riqueza natural e asegura que, cos seus recursos, "desempeñará un papel fundamental no século XXI", xa que "nunca tivo unha importancia estratéxica no eido económico e político como agora".


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: