A ministra de Xustiza francesa ofreceu unha conferencia en Israel. Por outra banda, un mozo palestino arrolou cun coche varios policías en Xerusalén.
Rachida Dati
A ministra de Xustiza francesa, Rachida Dati, afirmou este luns no Centro Interdisciplinario Herzliya que "non se fala con terroristas, combátese contra eles", e asegurou que Francia nunca permitiría negociar coa existencia e coa seguridade do Estado de Israel.
"Cando se refire á actividade de terroristas que ameazan a seguridade de Israel, a nosa posición é moi clara: un non fala cos terroristas e cos que chaman á destrución de Israel, un loita contra eles", sinalou Dati.
Dati, informa o Jerusalem Post, agregou que "Francia apoia a seguridade de Israel. Tamén llelo dixen aos palestinos onte (polo domingo). Eles teñen o dereito a ter o seu propio país, mais iso vai da man de manter a seguridade do Estado de Israel", remarcou.
Ataque no centro de Xerusalén
Por outra banda, un mozo palestino de 19 anos foi abatido a tiros logo de arrolar cun coche 19 persoas (15 soldados israelís e catro civís) no centro de Xerusalén este luns á noitiña. Dous dos feridos permanecen en estado crítico.