Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís 'O Caruncho'.
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración do Concello d'A Coruña, organiza un obradoiro de rap regueifa de balde para achegar o galego á mocidade, en especial no seu tempo de lecer, para incentivar a súa aprendizaxe.
A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística inclúe este curso no seu programa formativo que presentou na este luns. Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís O Caruncho.
As aulas serán todos os sábados dende o 11 de outubro até o 22 de novembro, agás o 1 de novembro. A inscrición é de balde e pódese realizar no Centro Municipal de Información Xuvenil até o día 8 de outubro.
Exposición galega sobre diversidade inaugurada en Bruxelas
Por outra banda, a exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos sobre diversidade idiomática chegou este luns a Bruxelas, capital política de Europa, onde foi presentada. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, afirmou que deste xeito o galego convértese no primeiro idioma en "reclamar a diversidade lingüística na UE".