Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTUDIO REALIZADO POR EGANET

As novas tecnoloxías non trouxeron a igualdade á comunicación

O estudio da Asociación de Empresas Galegas adicadas a internet revela que as mulleres constitúen só o 25% dos traballadores empregados no noso sector.

Redacción - 13:30 10/09/2008
Redacción dun xornal

Redacción dun xornal

Só unha cuarta parte dos empregados son mulleres. Pero este dato preocupante agrávase se pensamos que as mulleres ocupan só o 13% dos postos directivos nas empresas adicadas á comunicación, mentres que o 64% do total de mulleres empregadas no noso sector desenvolve labores administrativas. No que se refire aos subsectores máis técnicos as porcentaxes de mulleres son tamén moi baixas, como no caso das técnicos informáticos (26%), electrónica (18%) ou as redes de telecomunicacións (13%).

O informe analiza o papel da muller dentro do sector galego que agroma as tecnoloxías da información e a comunicación. Para facer este estudo utilizáronse datos estatísticos fornecidos polo Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), así como entrevistas realizadas a 40 mulleres empregadas no sector.

A pesar destes desalentadores datos, un 60% das mulleres entrevistadas din sentirse satisfeitas e motivadas no seu traballo, polo que se cadra un aumento dunha conciencia crítica con respecto á situación global sería un bo primeiro paso para a mellora desta situación. Así as cousas, a mudanza non debe darse só no número de mulleres empregadas, senón, no acceso destas aos postos de responsabilidade que na comunicación, como noutros eidos, continúan vetados para moitas delas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: