As chuvias e os ventos, intensos durante a noite do xoves e a mañá do venres, irán remitindo ao longo da xornada.
O país espertou esta sexta feira con pólas caídas e outros desperfectos provocados pola potente borrasca situada ao suroeste de Gran Bretaña. Fortes ventos, de até 100 quilómetros por hora, e chuvias de intensidade moderada a forte son a tónica da xornada, marcada pola alerta laranxa en todo o territorio.
Segundo as previsións de Meteogalicia, os ventos fortes do sudoeste da mañá darán paso a outros moderados do oeste pola tarde. Tamén tenderá a reducirse a intensidade das chuvias ao longo do día.
Poden obter máis información na web de Meteogalicia, onde tamén se publicou un documento de adverso meteorolóxico.