Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECONOMÍA

A crise chega á Igrexa, que opta por saír da bolsa

A súa maior firma de investimentos, Umasges, vén de ser disolta. O clero opta por unha política económica máis conservadora.

Redacción - 11:00 07/09/2008

A Igrexa española chegou a ter investidos máis de 18 millóns de euros en bolsa, non obstante, o escándalo de Gescartera primeiro, e semella que a crise económica agora, fixo que optase por abandonar os seus activos. A última noticia é que vén de liquidar e disolver de xeito definitivo Umasges, a súa maior firma de inversión, ademais de sair tamén do capital de Gran Premiere, outra sociedade similar na que participaba a través do Arzobispado de Oviedo. No primeiro caso, o abandono da bolsa débese fundamentalmente á crise: o proceso iniciouse pouco despois de xurdir en Estados Unidos a situación económica derivada das hipotecas lixo.

Na actualidade só lle quedan investidos en bolsa 850.000 euros da Diócese de Astorga, en renta fixa e variábel a través da sociedade inversión Vayomer, que só confía en compañías grandes (tería 131 mil euros en Santander, 128 mil en Telefónica, 103 mil en Repsol YPF e 60 mil en BBVA).


1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: