Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
'The Citizen' e 'Sudan Tribune'

O goberno sudanés impide a publicación de dous xornais editados na rexión autónoma do sur

O goberno central exixe que as sede dos periódicos se trasladen dende Sudán do Sur -onde haberá un referendo de independencia en 2011- á capital.

Redacción - 12:00 07/09/2008
Os editores quéixanse das continuas restricións

Os editores quéixanse das continuas restricións

As autoridades sudanesas suspenderon esta semana a edición de dous diarios locais en inglés, o que segundo os seus editores supón un último episodio de ameazas e restricións das que son obxecto os medios de comunicación en Sudán.

Nhial Bol, do The Citizen, e William Ezekial, do Sudan Tribune, quéixanse de que nos últimos meses o goberno incrementou a presión sobre os xornais locais, demandando que as sedes dos rotativos que teñen a súa base en Sudán do Sur se trasladen á capital, Khartún.

Sudán do Sur, un país en construción que ten previsto celebrar un referendo de independencia en 2011, é unha rexión autónoma desde a sinatura de paz que lle puxo fin á coñecida como Segunda Guerra Civil Sudanesa en 2005.

O Sudan Tribune recibiu unha carta de suspensión, mentres que as forzas de seguridade llo comunicaron directamente ao editor do The Citizen, que a semana pasada tivo que trasladar a impresión a Khartún pola escaseza de tinta no sur. Ambos os dous teñen as súas sedes en Juba.

Liña editorial

Mais detrás da suspensión podería haber outras motivacións. Bol afirma que membros do Consello Nacional da Prensa lle pediron a substitución do director do xornal, Izzadine Abdul Rassuou, xa que opinaban que ao ser orixinario da conflitiva rexión de Darfur as informacións poderían estar viciadas. Porén, Bol non aceptou a suxestión.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: