Despois da cormelá que chegou á presidencia do parlamento, chega outra faragulla da integración de Galiza no país coa presenza da filla dun cercedense e unha haitiana no certame Miss Suíza.
A India, o Congo e... Galiza. Suíza avanza na multiculturalidade é o certame Miss Suíza 2008 é bo exemplo da riqueza e diversidade que vai callando no país helvético. Se hai tempo a protagonista fora a deputada socialista de orixe galega Dolores Cruz de Bolay ,coñecida como Loly Bolay, quen subira á presidencia do parlamento no cantón de Xenebra, desta volta a noticia, máis alá da frivolidade que poidan representar estas citas, chega dun concurso de misses.
A actualidade de Cerceda anímaa estes días Fiona Fariña, a filla dun cercedense do lugar de Queixas e dunha haitiana. Estudante de medicina, Fiona Fariña foi parar na altura dos seus 19 anos e nesta edición 2008 ao certame Miss Suíza. Nada en Xenebra, convida desde a web oficial do concurso a mirar para os seus ollos: "eles falan", e reclámase gañadora para amosar que mundos "que parecen tan opostos, como o da medicina e o das misses" poden ben combinar.