Os demócratas buscan a unidade logo das disputas Obama-Clinton nun momento en que o candidato republicano avanza nas enquisas.
A recente igualdade que as enquisas indican entre o candidato do Partido Demócrata, Barack Obama, e o candidato do Partido Republicano, John McCain, aumentan a interese cara á cita que esta semana ten lugar na cidade de Colorado (Denver), na Convención Demócrata onde Obama se vai converter oficialmente no candidato do seu partido a presidente.
Nese camiño hai expectación tamén ao respecto do papel que poida xogar quen foi súa rival na loita polo liderado dos demócratas, a senadora Hillary Clinton, no traballo a prol da unidade do partido, xa que algunha sondaxe agoirou que até un de cada cinco dos potenciais votantes da muller do ex presidente Bill Clinton podería virar o apoio cara a McCain debido á agre disputa mantida polos dous candidatos durante as primarias.
Entre os primeiros protagonistas da cita demócrata estivo a parella do candidato, Michelle Obama, quen subliñou que seu home levará aos EUA "o cambio" que o país necesita e escolleu destacar tres temas da axenda do candidato: a retirada das tropas e a fin do conflito en Iraq, a promesa de reactivación económica e o esforzo para a cobertura pública de saúde. O outro protagonista da xornada de apertura foi Edward Kennedy, senador por Massachusetts, quen falou da importancia que terá a candidatura de Obama na viraxe dos EUA cara a "unha nova xeración".
Para ampliar: