O ruso Maxim Opalev impúxose ao de Cangas, que malia non conquistar o título olímpico marcha de Beixín consagrado como un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos.
David Cal
O piragüista de Cangas David Cal logrou un novo éxito para o deporte galego logo de conseguir unha medalla de prata na competición de C-1 na distancia de 500 metros este sábado en Beixín.
Cal, que repite o resultado deste venres na distancia de 1.000 metros, viuse superado na carreira polo ruso Maxim Opalev que levou o ouro -Iurii Cheban, de Ucraína, foi bronce.
No entanto, e malia non conquistar o título olímpico, o de Cangas marcha das Olimpíadas de Beixín consagrado como un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos.