Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FICHEIROS ILEGAIS

A Fiscalía decide analizar o escándalo policial de Sada

O ministerio público muda de actitude aínda que advirte que non recibiu ningunha denuncia.

Redacción - 10:15 22/08/2008

Unha semana despois de que trascendese a existencia de ficheiros ilegais nas dependencias da Policía Local de Sada, a Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña valora abrir dilixencias. Porén, segundo lle explicou a responsábel do ministerio público a La Voz, este departamento aínda non recibiu ningún tipo de denuncia formal.

Nun primeiro momento, a Fiscalía consideraba que o asunto era de tipo administrativo e recomendáballe ao Concello de Sada que presentase denuncia se atopaba indicios de delito. Como resposta, o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) anunciou que ía presentar un escrito diante do ministerio público facendo constar o caso. O responsábel do MpDC, Renato Núñez, subliña que agardan que se abran dilixencias. Se isto último non sucedese, o colectivo está disposto a persoarse como acusación particular.

Mentres, o pulso entre a policía local e o goberno continúa. Este xoves un dos axentes de baixa (hai 14 dun total de 21) tivo que incorporarse forzosamente logo de que o servizo de inspección médica ditaminase que estaba en condicións de traballar. O funcionario volveu na mesma xornada a un centro médico alegando unha crise de ansiedade pero tamén foi dado de alta.


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: