Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUN PROCESO GRADUAL QUE DURARÁ VARIOS DÍAS

Rusia anuncia que comezará a retirar as súas tropas de Xeorxia nas vindeiras horas

Dez días despois de iniciarse o conflito, o goberno ruso subliña que só manterá un contixente de pacificación en Osetia do Sur.

Redacción - 14:00 17/08/2008

O presidente ruso Dimitri Medvedev comunicoulle por teléfono este domingo ao presidente francés, Nicolas Sarkozy, que as tropas do seu país van comezar a súa retirada de territorio xeorxiano este mesmo luns e cumprir así, por fin, o acordo de paz.

Segundo informan as axencias rusas, o goberno ordena a retirada total de todo o territorio xeorxiano e só manterá un chamado “contixente de pacificación” en Osetia do Sur.

Xeorxia pediu insistentemente a saída das tropas rusas. O goberno deste país acusa ao exército ruso de aproveitar as últimas horas en territorio xeorxiano para arramplar coas infraestruras xeorxinas e saquear diferentes bens.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: