Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Gravación ilegal nas rúas

Protección de datos quere sancionar a instalación de cámaras na casa coruñesa de Francisco Vázquez

A multa iría dos 60 mil aos 300 mil euros, por unha "infracción moi grave". Debería pagala a empresa que instalou o sistema, a pedimento do diplomático galego.

Redacción - 15:00 12/08/2008
As zonas videovixiadas deben levar un cartel coma este

As zonas videovixiadas deben levar un cartel coma este

A Axencia Española de Protección de Datos (AGPD) comezou un procedemento sancionador contra a empresa Protese SL, que instalou varias cámaras de seguridade na vivenda coruñesa do ex alcalde e embaixador no Vaticano, Francisco Vázquez.

As cámaras foron instaladas por orde expresa de Vázquez, quen dixo que tiña un "motivo de seguridade" para contar con vixilancia audiovisual, debido á súa "situación de ameazado polo terrorismo". Porén, a vivenda do ex alcalde socialista da Coruña non conta con autorización para a instalación destes aparatos de gravación. Ademais, non se informa aos viandantes de que están a ser gravados, ou a onde teñen que acudir para exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación de imaxes propias. Dende o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) sinalan, ademais, que o contrato coa empresa de seguridade se fixo en agosto do ano pasado, mais as cámaras xa foran denunciadas en xullo dese mesmo ano.

Todas estas irregularidades poderían supoñerlle á empresa de seguridade ou, no seu caso, ao propio Francisco Vázquez, unha sanción de entre 60 mil e 300 mil euros.

Outras cámaras na Coruña
O MpDC tamén denunciou, perante a Axencia Española de Protección de Datos, outras cámaras situadas na cidade da Coruña, como as instaladas por uns veciños particulares na praza Santa Catalina, que enfocan cara a rúa.

Estas cámaras están na mesma situación que as da vivenda de Vázquez, e, segundo contan dende o MpDC, "seguramente suporán unha sanción de similar cantidade" para esta comunidade de veciños.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: