Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enfrontamento en Osetia do Sur

O parlamento de Xeorxia declara o "estado de guerra"

Seguen os combates entre tropas rusas e xeorxianas. Os dous países aseguran que os seus exércitos teñen controlada Tsjinvali, a capital da zona en disputa.

Redacción - 15:20 09/08/2008

As últimas informacións chegadas do lugar falan de ataques realizados por avións do exército ruso sobre a cidade xeorxiana de Gori, próxima a Osetia do Sur. Malia que as accións supostamente ían contra bases militares, o goberno de Xeorxia comunicou a morte de ducias de civís.

Ao tempo, os combates seguen no interior da área separatista, Osetia do Sur, onde os dous bandos aseguran ter o control da capital. Mentres, a principal chamada a rebaixar a tensión fíxoa o presidente de Xeorxia, Mijaíl Saakashvili, quen propuxo un cesamento do fogo inmediato e o inicio dun proceso de desmilitarización da zona. Con todo, o Parlamento de Xeorxia aprobou un decreto presidencial que declar o estado de guerra no país por un período de quince días.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: