Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Coruña e Pontevedra

Mellor sen touradas

Ética e sentidiño contra a tortura que algúns teiman en converter en "espectáculo". O país acolle esta fin de semana diversas accións anti-touradas.

Redacción - 11:30 09/08/2008

"En Galiza temos moitas boas maneiras de nos divertir e despois durmir coa conciencia tranquila de non ter feito mal algún a inocentes, sen necesidade", subliñan desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), recordando a ampla galería de festexos que estes días teñen lugar no país. Unha razón engadida para non teimar na permanencia no calendario de eventos baseados na tortura de animais. Por este motivo Adega e o colectivo Matar por Matar Non, convidan os cidadáns a participar nos actos de rexeitamento ás touradas organizados para esta fin de semana.

A Fundación Equanimal programou tamén para este sábado actos "antitaurinos" na Coruña e Pontevedra para "protestar polos touros mortos" durante a celebración de touradas nestas cidades. En ambos actos, varios dos activistas da fundación pousarán tendidos no chan, seminus e con bandeiriñas cravadas nas costas, simulando "os touros mortos". Estas iniciativas forman parte dunha serie de accións "antitaurinas" que a organización está levando a cabo durante este ano, ao igual que os asaltos á area da praza de touros de Las Ventas en Madrid e a irrupción nun dos encerros en Pamplona.

Máis no espazo en internet Galicia mellor sen touradas e nas webs de Adega e Pontevedra Anti-taurina.


5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: