A Fundación de Caixas de Aforro, Funcas, sinala que o crecemento económico no Estado viraría negativo no segundo semestre deste ano e podería confirmar a recesión no inicio de 2009.
O agoiro aparece no caderno de información económica que a Fundación de Caixas de Aforro publicou coa análise até o pasado mes de xuño. Segundo ese informe, a evolución pesimista que a economía no conxunto do Estado acumularía até finais do ano 2008, concluíndo o exercicio cun crecemento do 1,3%. Esa evolución confirmaría para o primeiro trimestre de 2009 unha taxa de crecemento negativa, -0,2%.
Tamén no apartado negativo, Funcas indica que en 2009 as contas do Estado terían un déficit do 1,8%. Por outro lado, no que lle toca ás taxas de desemprego, o estudo agoira un posíbel aumento do paro até o 12,4% a nivel estatal.