A TV3 presenta un programa no que 23 persoas quitan a roupa diante das cámaras para falar do seu corpo, sen prexuízos.
O vindeiro 13 de agosto a televisión pública catalá, a TV3, estreará, en prime time, o programa Nus, un docushow que se compón dunha serie de entrevistas nas que varias persoas, de diferentes idades e sexos, tratan o tema do nudismo con naturalidade e humor, espidos ante a cámara.
Serán un total de 23 os e as entrevistadas, e, diante da cámara, han explicar a importancia que tiveron na súa vida e nas súas relacións persoais, diferentes partes dos seus corpos. Ademais, durante os cinco bloques que compoñen o programa (o corpo medra, o corpo goza, o corpo seduce, o corpo actual e o corpo envellece) os entrevistados tocarán temas como o primeiro bico, a primeira menstruación, as primeiras relacións sexuais ou o que máis os atrae do corpo do home ou da muller, entre outras cousas.
Ademais, o programa ha levar un toque "conceptual e elegante", segundo contan dende a súa produtora (OnTV), xa que os corpos espidos dos protagonistas apareceran nas pantallas dos fogares de Cataluña, "calidamente iluminados" (como nas imaxes que vos achegamos), acompañados de coñecidas obras (de Boticelli, Modigliani...) que representen o corpo nu.