A Garda Civil informou da detención en Nigrán dun suposto membro do chamado "Comando Biscaia".
Aitor Kotano Sinde, veciño da localidade biscaíña de Elorrio, foi detido por axentes da Garda Civil na madrugada do luns ao martes nunha vila costeira da provincia de Pontevedra, segundo confirman desde ao propio grupo de apoio a presos Askatasuna.
Atribúeselle a pertenza ao grupo que o Ministerio de Interior bautizou como "Comando Biscaia" da ETA, grupo presuntamente autor da maioría de ataques realizados pola ETA desde a fin do cesamento de fogo.
Outras detencións producíronse nas localidades biscaíñas de Getxo e Elorrio, onde foi arrestado, Arkaitz Goikoetxea, a quen as fontes policiais consideran líder deste grupo.
Detención "illada"
O delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, asegurou este martes que a ETA non conta con ningún tipo de estrutura "nin estábel nin itinerante" no país. Ameijeiras desvinculou a detención do presunto membro do 'Comando Biscaia' en Nigrán dos explosivos colocados a pasada fin de semana en localidades costeriras de Cantabria.