Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPROMISO CON GALIZA

Convócase a oitava edición do premio Ramón Piñeiro "Facer País"

Un deseño de Isaac Díaz Pardo será o logotipo do certame.

Redacción - 10:40 19/07/2008

Primeiro foron Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xose Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas e A Nosa Terra. Agora chega a oitava edición dun premio que quere galardoar a aqueles que amosaron unha traxectoria comprometida con Galiza.

A Asociación Cultural Val de Láncara vén de presentar a oitava edición deste premio, que está apoiado por numerosas asociacións culturais da comarca e que será faiado o 27 de agosto, por ser o aniversario do pasamento de Ramón Piñeiro. O galardoado será elixido entre as candidaturas presentadas polas asociacións culturais da Comarca de Sarria e Val do Neria, o concello de Láncara, o colexio Público Ramón Piñeiro e aquelas que se reciban dende outros ámbitos.

Esta convocatoria conta coa novidade dun logotipo deseñado por Isaac Díaz Pardo. Esta imaxe permanecerá en futuras convocatorias do galardón, segundo explican os seus organizadores.


3/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: