Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Política Lingüística

Convocada a oitava edición do premio de ensaio Ramón Piñeiro

O gañador recibirá 6.000 euros e a publicación da súa obra.

Redacción - 09:00 08/07/2008

Os ensaios deberán abranguer entre 200.000 e 300.000 caracteres (unhas cen ou cento cincuenta páxinas) que poderán enviar todas as persoas que o desexen, sempre e cando os traballos que presenten sexan inéditos e estean escritos en lingua galega. Hai que mandar os orixinais antes do dez de novembro mediante carta certificada á sede social da editorial Galaxia na cidade de Vigo.

Tema libre
As bases do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro convocado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Unión Fenosa, establecen que a temática dos ensaios poderá ser libre, pero evitando enfoques propios da investigación especializada ou cun excesivo carácter académico.

O premio
O galardón está dotado cun único premio de 6.000 euros. A maiores, a editorial Galaxia publicará e comercializará a obra gañadora dentro da súa colección Ensaio. O fallo do xurado darase a coñecer en decembro.

Ramón Piñeiro
Comprometido co galeguismo e pai da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia. En 1950 lideraba o grupo fundador da Editorial Galaxia, que comezaba a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia en pleno franquismo. Piñeiro dirixiu a editorial e traballou nela ata 1966. As pretensións políticas de Piñeiro tiñan como obxectivo que todos os líderes políticos galegos asumiran o galeguismo entre os seus obxectivos fundacionais. A Real Academia Galega resolveu dedicarlle o Día Letras Galegas de 2009.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: