Descensos de até o 10% noutras inmobiliarias e construtoras e pau tamén para o Banco Popular, un dos principais acredores de Martinsa-Fadesa.
Colonial, Ferrovial ou Sacyr aparecen este martes entre os xigantes do sector construtor e inmobiliario que acumulan perdas de até o 10% en bolsa, arrastradas pola alarma diante da suspensión de pagamentos de Martinsa-Fadesa.
Por outro lado, tamén os bancos se están vendo afectados polo episodio, fundamentalmente os que mantiñan vencello con esta empresa, como é o caso do Banco Popular, que caía a media mañá xa nun 5%, despois de caer o venres un 6,9% e o luns un 2,7%. O Popular é un dos principais acredores, arredor de 400 millóns de euros, xunto con CajaMadrid (1.000 millóns) e La Caixa (700 millóns de euros).