A empresa anunciou unha decisión coa que afirma querer "evitar un empeoramento da crise que puidera devir irreversíbel".
Martinsa adquiriu a galega Fadesa en 2007
Martinsa-Fadesa comunicou así este luns que, malia ser unha das empresas principais do sector inmobiliario, non foi quen de obter un préstamo de 150 millóns de euros "a pesares dos innumerábeis esforzos levados a cabo pola sociedade e polos seus propios accionistas".
O grupo pedira xa na altura do venres pasado un prazo engadido para dar cos cartos, no marco dun acordo máis amplo de refinanciamento de débeda por valor de 4.000 millóns de euros. No entanto, este luns, a Comisión do Mercado de Valores decidira suspender a actividade do grupo en bolsa por circunstancias que "perturbaban" o funcionamento normal do mercado. Antes desa suspensión, as súas accións caían xa arredor do 25%, cunha perda acumulada desde o venres de case a metade do seu valor.