Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo as recomendacións da OMS

Só a terceira parte dos concellos chegan á taxa mínima de doazóns de sangue

Por cada doazón realizada, Amigos da Terra plantará unha árbore autóctona nalgún dos bosques afectados polo lume.

Redacción - 11:30 15/07/2008

Representantes do Centro de Transfusión de Galicia e de Amigos dan Terra explicaron este luns o dobre obxectivo da iniciativa "Axuda a vivir". Por un lado mellorar a información dos cidadáns sobre a doazón de sangue e, por outro, fomentar "unha especial solidariedade" social en favor da "conservación do medio ambiente". A idea xurdirá no ano 2000 aproveitando para sumar dúas preocupacións sociais, por un lado o incremento dos incendios forestais durante o verán e por outra parte, o descenso das doazóns sanguíneas nese mesmo período, coincidindo ademais co aumento de demanda debido ao aumento dos accidentes de tráfico.

En Galiza o ano pasado participaron nas campañas de doazón de sangue 83.835 persoas, un chisco menos ca en 2006, cando houbo 117.746 doazóns. Ademais, 11.281 persoas realizaron a súa doazón por primeira vez, o que supón o 10% das doazóns realizadas o pasado ano. Das 54 bisbarras do país, só a metade, 26, alcanzaron a taxa de doazóns recomendada pola Organización Mundial da Saúde, OMS, e en 28 delas houbo un incremento na participación dos cidadáns respecto ao período anterior.

Por concellos, a terceira parte, un total de 104, conseguiron en 2007 a taxa mínima recomendada pola OMS, de 40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. O récord conseguiuno, ademais xa por segundo ano consecutivo, o municipio de San Cibrao das Viñas, onde se rexistrou a maior taxa de doazón de Galicia con 158 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. Atrás del está o concello da Illa de Arousa, con 114 doazóns por cada 1.000 habitantes. Na provincia da Coruña, o municipio de maior participación foi Padrón que rexistrou 107 doazóns por cada 1.000 habitantes. En Lugo a lista está liderada por cervo, con 75 por cada 1.000.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: