Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de oito mil varóns musulmáns asasinados

A ONU non poderá ser xulgada polo xenocidio de Srebrenica

Os xuíces da Haia decláranse "sen competencia" para aceptar a demanda sobre a responsabilidade de Nacións Unidas no masacre.

Redacción - 13:45 11/07/2008
Memorial das vítimas de Sbrenica e doutras localidades da zona

Memorial das vítimas de Sbrenica e doutras localidades da zona

O xulgado de primeira instancia da Haia sentenciou esta quinta feira que a ONU ten inmunidade no proceso polo xenocidio de Srebrenica, en 1995, enclave baixo protección de cascos azuis holandeses, e do que esta fin de semana se conmemoran 13 anos con diversos actos.

No seu fallo, os xuíces decláranse "sen competencia" para aceptar a parte da demanda -hai outra interposta contra o Estado holandés- dunhas seis mil nais por non protexer aos preto de oito mil varóns musulmáns asasinados tras un ataque serbobosnio, no contexto da guerra de Bosnia.

Para chegar á súa conclusión, os xuíces analizaron o artigo 105 da Carta das Nacións Unidas, referido á súa inmunidade, e contrastárono con convencións como a de Xenocidio ou a Convención Europea de Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: