Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nun cumio sen apenas acordos

"Adeus do maior contaminador do planeta", chancea Bush na despedida do G8

O 80% dos gases de efecto invernadoiro proceden dos países aló reunidos, láianse os ecoloxistas.

Redacción - 09:00 10/07/2008

Da broma privada que o presidente dos Estados Unidos, George W.Bush, realizou cando se despedía dos outros líderes do G8, conta este xoves o diario británico The Independent. Despois de bloquear acordos máis ambiciosos e de conceder a posibilidade de estudar a redución á metade das emisións de carbono non antes do ano 2050, Bush despedíase cun "adeus" desde o "maior contaminador do mundo".

Remata así unha xuntanza onde o goberno anfitrión, o de Xapón, pretendía que se fixesen avances importantes en materia medioambiental no compromiso dos países máis ricos do planeta. Tal e como recordaban esta semana desde Ecoloxistas en Acción, as oito potencias aló reunidas son responsábeis do 80% dos gases de efecto invernadoiro liberados no mundo. Ao tempo, ademais de incumprir cos obxectivos do Protocolo de Quioto, estes países caracterízanse polas cambadelas continuas á posta en marcha dos compromisos ambientais. "Este cumio pecha con grandes promesas baleiras", láianse desde Ecoloxistas en Acción, criticando que o prazo do 50% de redución cara a 2050, "non ten credibilidade" toda vez que non se acompaña nin de prazos intermedios de recorte de emisións nin de políticas concretas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: