Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Á 10.00 horas desta cuarta feira

Media ducia de mortos e outros tantos feridos nun tiroteo fronte ao consulado de Estados Unidos en Istambul

Os finados son tres homes armados e tres policías, segundo informou confirmou o gobernador da cidade.

Redacción - 12:35 09/07/2008

Cando menos seis persoas morreron e outras tantas resultaron feridas esta cuarta feira en Turquía logo dun ataque perpetrado por varias persoas armadas contra os policías que custodian o consulado de Estados Unidos en Istambul, a capital do país.

Segundo informaron testemuñas á televisión turca e confirmou máis tarde o gobernador da cidade, Muammer Guler, os atacantes, dos que se descoñece polo momento a súa identidade, comezaron a dispararlles aos gardas da entrada principal arredor das 10.00 horas, e estes responderon de igual xeito. O intercambio durou uns sete minutos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: