Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN ERMEDELO (ROIS)

Sabotan dous camións nas obras do corredor Santiago-Noia

A Garda Civil atopou un artefacto caseiro que non chegou a explotar noutra máquina da mesma empresa.

Redacción - 13:50 08/07/2008

Dous camións dunha empresa que traballa nas obras do corredor de Noia apareceron queimados este martes en Ermedelo (Rois). Segundo Europa Press, as primeiras investigacións policiais dan por feito de que se trata dunha sabotaxe provocada con artefactos explosivos. De feito, os axentes atoparon un terceiro dispositivo caseiro que non chegou a explotar noutra máquina da mesma empresa.

Nos últimos anos tamén houbo ataques contra máquinas que traballaban na estrada Santiago-Cacheiras e na que xungue a capital de Galiza con Brión.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: