Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queixa da Plataforma en Defensa da Ría

Despois das consultas a Autoridade Portuaria viguesa leva adiante sen modificacións os proxectos previstos

Os colectivos cos que a entidade abrira interlocución pregúntanse de que serviu se non se atende ningunha das reclamacións.

Redacción - 13:30 07/07/2008

"Non imos permitir que se siga degradando a nosa ría", sinalan desde a Plataforma Cíes pola Defensa da Ría de Vigo. O conxunto de colectivos que a apoian levarán adiante unha campaña informativa para achegarlle aos cidadáns a implicación das actuacións previstas por Portos de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vigo.

A Plataforma critica que despois da rolda de contactos aberta pola Autoridade Portuaria cos colectivos sociais do contorno se leven adiante as actuacións xa planificadas "sen ningunha modificación". Eloi Piñeiro, presidente da Plataforma, explicou para Vieiros que a entidade portuaria prometera unha valoración argumentada das propostas e paradoxalmente agora "comézanse a encargar con présa e correndo" as ampliacións portuarias do peirao do Areal e da terminal de Bouzas.

Por este motivo, a Plataforma expresa a súa "sorpresa" e "indignación" fronte á falta de resposta das administracións diante das demandas cidadáns. "Parece que o PSOE non está polo diálogo", láiase Piñeiro, criticando o "desamparo" que na súa opinión sofren as demandas do amplo número de colectivos que apoian esta plataforma cidadá. A denuncia da xunta directiva da Plataforma apunta neste caso de xeito concreto, ademais de ao proxecto de ampliación da Autoridade Portuaria, tamén contra o elevado número de prazas de amarre para a ría que prevé o Plan Director de Instalacións Náuticas Deportivas. "Ambas actuacións carecen dun diálogo real previo e de consenso social", quéixanse.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: