Alerta de que a liberación se presentará como un triunfo de Uribe e, ao igual que Evo Morales, considera que a operación puido ser unha liberación voluntaria por parte das FARC.
A xuízo do dirixente do Polo Democrático, Sergio Guzmán, non son claras as circunstancias nas que se logrou a liberdade de Ingrid Betancourt e outros 14 retidos das FARC, polo que, sinalou, xorde a hipótese de que non foi rescate senón liberación.
"Teño a dúbida de que ese aparente éxito dun rescate militar non é do todo certo. Temos coñecemento desde a semana pasada de que o goberno autorizara o dialogo entre delegados de Suíza e Franza, coa mediación de países americanos, para que se reunisen co novo xefe das FARC. Unha vez ocorre ese encontro, dáse a liberación dos retidos", recordou Guzmán.
Neste sentido, avalou a hipótese do presidente de Bolivia, Evo Morales, quen sostivo que a operación non foi un rescate, senón unha liberación voluntaria por parte das FARC.
Finalmente, Sergio Guzmán advertiu que só o tempo "dará a coñecer a verdade" e que polo momento os medios oficiais colombianos presentarán a liberación como un triunfo máis, do presidente de Colombia fronte ás FARC.