Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AOS 61 ANOS DE IDADE

Finou en Compostela o psiquiatra Ramom Muntxaraz

Ademais de fundar a asociación 'Gaiola' en defensa dos dereitos dos enfermos mentais, foi un histórico militante da esquerda independentista.

Redacción - 11:35 30/06/2008

Ramom Muntxaraz finou este domingo en Compostela logo de padecer nos últimos meses unha grave doenza. Nado hai 61 anos en Toledo, chegou a Galiza a finais dos 70 logo de gañar unha praza de psiquiatra no Hospital de Conxo.

Pouco tempo despois de chegar ao país comezou a súa militancia no nacionalismo da man da Unión do Povo Galego (UPG). Con esta organización participaría no nacemento do BNG en 1982. Catro anos despois participaría na creación do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), unha das organizacións que en 1988 conformaría a FPG. Muntxaraz pasaría posteriormente á APU até a disolución formal desta organización a mediados da década dos 90.

Recoñecido psiquiatra, en 1992 foi un dos fundadores da asociación cultural 'Gaiola', que pula pola visibilidade, integración dos enfermos mentais na sociedade e polos seus dereitos. Aínda que na actualidade non militaba en ningunha formación política, seguía a colaborar con plataformas políticas como é o caso de Causa Galiza.


4,88/5 (40 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: