Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VIII TRIATLÓN CIDADE DE PONTEVEDRA

Saleta Castro marca o ritmo no Circuíto Galego de Triatlón

A pontevedresa gañou con autoridade na segunda proba galega. Na categoría masculina, o Bricosa-Pedras de Santiago volveu loitar por terminar co dominio do Cidade de Lugo.

Redacción - 17:06 24/06/2008
Saleta Castro impuxo o seu ritmo en Pontevedra

Saleta Castro impuxo o seu ritmo en Pontevedra

Saleta Castro Nogueira (Cidade de Lugo Club Fluvial) venceu con autoridade na segunda proba do Circuíto Galego de Triatlón, desenvolvida o pasado sábado en Pontevedra. Segunda foi María Martínez, do Atletismo Porriño; e terceira, Sara Velo, do Ecological Fogar Triatlón Carballo.

A clasificación feminina por equipos liderouna o Atletismo Porriño. Por detrás quedaron, por esta orde, o Cidade de Lugo e o Ecological Fogar Triatlón Carballo. En homes puntuaron os mesmos clubes, mais o gañador foi o Bricosa Arcade Inforhouse Santiago, seguido tamén do Cidade de Lugo. O terceiro clube clasificado foi o Anigasa Champion Chip Muralla.

A pola hexemonía do Cidade de Lugo
O Bricosa de Santiago saíu, na segunda proba da circuíto galego na categoría masculina, a gañarlles aos triatletas do Cidade de Lugo, tentando roubarlles, máis unha vez, o liderado que hai anos ostentan.

Desta volta, co primeiro posto de Antón Ruanova e o segundo de Alberte Trillo conseguiron encher case o podio. Aínda houbo un oco para os lugueses; a terceira praza que ocupou Xesús Gomar.

O circuíto continuará co Triatlón do Miño o vindeiro 19 de xullo. Antes, a vindeira fin de semana, desenvolverase en Xixón a Liga de Clubes de 1ª e 2ª división.

Os máis pequenos tiveron tamén o seu triatlón
Con distancias de 0,3 km de natación, 4 de bicicleta e 1 quilómetro de carreira a pé, disputouse o mesmo sábado, o triatlón de categorías menores. En mozas venceu Laura Blanco Álvarez, triatleta infantil do Cidade de Lugo, sendo segunda Sara Fernández (o Bricosa Arcade Inforhouse Santiago) e terceira Rocío Gandoy (Cidade de Lugo). En canto aos nenos, Roi Rodríguez (Atletismo Porriño) foi o primeiro; Max Galván Neira Cervera (Cidade de Lugo) foi segundo; e Jorge Sancosmed Lema (Cidade de Lugo), terceiro.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: