Coincidindo co décimo aniversario do Centro de Estudos Galegos da UCC.
O Irish Centre for Galician Studies e o Department of Hispanic Studies de University College Cork (UCC) celebran o décimo aniversario do Centro de Estudos Galegos da UCC co congreso internacional "Sobre o tempo e as palabras: a cultura galega contemporánea a exame", dende o mércores 25 de xuño até o venres 27 de xuño.
Xurxo Souto, Anxo Quintela, María Liñeira e Miguel Anxo Murado son alguns dos participantes no congreso, no que se debaterán diversos aspectos da cultura contemporánea galega.
O congreso, de entrada gratuíta, incluirá tamén a presentación do libro From the Beginning of the Sea: Anthology of Contemporary Galician Short Stories, do Centro de Estudos Galegos de The Queen's College, Oxford.
Para máis información, descarga o pdf do programa.