Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
RÉCORD GUINNESS

Expectación polo Firefox 3

A nova versión do navegador tentará ser a máis descargada entre as 19 horas do martes 17 e do mércores 18 de xuño.

Redacción - 19:40 17/06/2008

No medio dunha importante campaña mediática, baseada principalmente na internet, este martes saíu o Firefox 3, a nova versión do navegador de código aberto máis estendido. Ademais, o obxectivo de Mozilla de bater unha marca Guinness de descargas en 24 horas provocou o nerviosismo dos internautas, que tentaron, sen éxito, intentar obter o software dende primeira hora da mañá, e que saturaron os servidores dende o momento do lanzamento.

A hora fixada foi as dez da mañá, hora de verán do Pacífico estadounidense, equivalente ás sete da tarde en Galiza. Dende ese momento e até a mesma hora do día 18, Firefox 3.0 aspira a se converter no programa máis descargado. Máis de 1,7 millóns de apoios poden ser unha idea do resultado que se acade finalmente.

A nova versión do navegador inclúe máis de 15.000 melloras, aínda que o que máis notarán os seus usuarios é o espectacular aumento de velocidade, fronte ao Firefox 2, que consumía grandes cantidades de memoria. Tamén ofrece, entre outras, a posibilidade de gardar a páxina en que se estaba ao pechar o programa, e mellora substancialmente as medidas de seguridade contra páxinas maliciosas.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: