Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
TRADUCIÓN OFICIAL

Haberá Firefox 3 en galego para o Día da Patria

A Fundación Mozilla xa recibiu a tradución efectuada por voluntarios e coordinada por Mancomún e acelerará os trámites.

Redacción - 09:00 16/06/2008

Só un día despois de que se coñeza a data de lanzamento do navegador Mozilla Firefox 3, hai novidades sobre a publicación da versión oficial en galego. O equipo de localización á nosa lingua do software xa concluíu o 100% dos seus textos. A tradución, coordinada por Mancomún, xa lle foi enviada á Fundación Mozilla, que deberá darlle paso á fase de testaxe do programa.

As estimacións falan de que o Firefox 3 estea oficialmente traducido ao galego arredor do Día da Patria, un mes despois do seu lanzamento, previsto para o 17 de xuño. En todo caso, o proceso completarase nun tempo récord, grazas aos esforzos realizados tanto por Mancomún como por Mozilla para acelerar o trámite, que esixe unha avaliación detallada para asegurar a calidade do produto.

O seguinte paso será incorporar a tradución galega ao repositorio oficial de Mozilla para comezar o proceso de compilación, ao que seguirá outro período de proba para detectar erros de funcionamento. Unha vez corrixidos os problemas, o programa pasa á fase estábel e publícase oficialmente na web de Mozilla.


4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: