Achegámoslles un dos vídeos proxectados na festa que a publicación celebrou a semana pasada.
A festa tivo lugar o pasado sábado 7 de xuño, e incluíu palestras e mesas redondas sobre xornalismo, lectura de textos sobre comunicación e diversas actuacións musicais. Destacou a intervención de Ugia Pedreira, Os da Ría e Leo i Arremecághona, nunhas actividades, celebradas na Casa Encantada e no C.S. A Gentalha do Pichel, que contaron cunha notábel asistencia e participación dos lectores do xornal Novas da Galiza.
Velaquí unha das vídeo-brincadeiras proxectadas