Observadores de varios partidos confirman que o reconto avanza con maioría do "non" entre os irlandeses á reforma da Unión Europea.
Non son aínda datos oficiais, pero a prensa irlandesa xa se fai eco das avaliacións realizadas por diversos observadores das formacións políticas que supervisan o reconto das papeletas. Segundo eses datos, procedentes de varias circunscricións de Dublín, o "non" é lixeiramente maioritario entre o electorado.
O propio ministro para Asuntos Europeos do goberno irlandés, Dick Roche, recoñeceu xa en público que "a cousa non se presenta ben" para o "si" ao Tratado que defendía o executivo. Nalgúns medios especúlase con que unha estreito resultado final en favor do "non" poida facer pensar ao goberno en repetir o referendo máis adiante.
Para ampliar: The Irish Times e a BBC.