Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo un estudo publicado esta semana

A contaminación do ar mata ao ano a 10 mil persoas ao sur da China

A poboación chinesa é das máis afectada, mais tamén parte da de Hong Kong e Macau.

Redacción - 09:00 16/06/2008
A polución, vista dende a torre Jing Mao, en Xangai / Flickr: dondequieras

A polución, vista dende a torre Jing Mao, en Xangai / Flickr: dondequieras

A polución do aire á a causante de, polo menos, 10 mil mortes ao ano en Hong Kong, Macau e o sur da China, segundo os resultados dun estudo publicado esta semana en Hong Kong polo Civic Exchange Institute.

"Estimamos que perto de dez mil mortes son debidas á polución, dez mil mortes que poderían ter sido evitadas", dixo Anthony Hedley, profesor de medicina na Universidade de Hong Kong e un dos autores do estudo.

Esta contaminación é tamén a responsábel de 44 mil días de hospitalización por ano e de once millóns de consultas médicas.

Os autores do estudo apelaron ás autoridades de Hong Kong, Macau e ás chinesas da rexión de Guangdong (no sur) para adoptar un plano que mellore a calidade do aire e que lle proporcione á poboación información, en tempo real, sobre a contaminación atmosférica.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: