Emítese unha vez á semana e nela o presidente francés e a súa familia viven situacións chistosas, relacionadas coa actualidade.
O presidente francés, Nicholas Sarkozy
'La cuisine de Nicolas' é unha serie que parodia ao presidente francés, Nicolas Sarkozy, e á súa familia. Emítese cada semana exclusivamente na rede, a través do portal Daily Motion. A acción desenvólvese na cociña do Pazo do Elíseo, onde Sarkorzy e os traballadores viven situacións cómicas.
O argumento de cada episodio depende da actualidade e con só tres que levan, o éxito xa está asegurado.
Os personaxes principais son Sarko, interpretado polo actor Jean-Christophe Clément; o fillo do presidente, Jean de Neuilly; e Marianne, unha muller que simboliza a República Francesa. A idea é de Vincent Solignac e Emmanuelle Sardou, dous guionistas de televisión que teñen una produtora propia, e que fan varios proxectos para a rede.