Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTADO O TRADUTOR AUTOMÁTIC DE OPENTRAD

Ao galego e ao portugués xa só os separa un 'clic'

A ferramenta, de código aberto, permite a tradución de textos e webs entre as dúas linguas, cunha base de datos de doce mil termos.

Redacción - 14:45 05/06/2008

Portugal está aí embaixo, e Brasil está fronte a nós, dobrando o mapa, consolidándose ano a ano como potencia económica global. E os negocios fanse en portugués. Porén, até o de agora non se dispuña de ferramentas que permitisen unha tradución automática, gratuíta e confiábel entre o galego e o portugués. Imaxin Software presentou este xoves o Opentrad galego-español-portugués, desenvolvido coa colaboración do Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da USC.

Na presentación da ferramenta, Xavier Alcalá, Enxeñeiro en Telecomunicacións ademais de escritor, salientou a importancia da aplicación para evitar seguir desaproveitando as "oportunidades naturais" coas que conta Galiza "neste mundo competitivo". "Brasil", dixo Alcalá, "é unha inmensa potencia necesitada de ser atendida na súa lingua", o mesmo que as economías emerxentes africanas como Angola e Mozambique. "O que paga manda e se o que paga fala en portugués, hai que usar o portugués". Tradutores deste tipo, concluíu Alcalá, "evitan ridiculeces e falsos compañeiros á hora de facer negocios; non se poden facer en castelán ou nun mal galego".

Galiza é a primeira comunidade autónoma do Estado en volume de importacións dende Portugal, e as relacións económicas do Estado Español con Lisboa superan ás que realiza con toda América Latina. O tradutor, salientou Diego Vázquez, director de marketing de Imaxin, era unha vella demanda das empresas.

De código aberto e personalizábel
Entre as súas características destaca a súa bidireccionalidade entre as tres linguas, o uso do código aberto, xa dispoñíbel para o seu desenvolvemento en sourceforge, a efectividade nas traducións (grazas aos máis de 12 mil termos cos que conta a súa base de datos) e as posibilidades de personalización dos resultados. A nova aplicación do Opentrad permite adaptar o tradutor ao libro de estilo dunha empresa ou medio de comunicación, e adáptase el propio aos fondos textuais dunha fonte, para ofrecer unha tradución máis exacta.

Xabier Alcalá rematou a presentación reclamando que os pais galegos tomen conciencia de que "o rachar a transmisión da lingua galega a seus fillos" estalles privando da posibilidade de falar unha das primeiras linguas do planeta, "como me di sempre un amigo brasileiro", concluíu Alcalá, "quando vocês falam o galego correcto, parece mesmo português".


4,24/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A portada de Vieiros, en portugués (clica na imaxe para ampliar)
A portada de Vieiros, en portugués (clica na imaxe para ampliar)
O Publico portugués, en galego ILG-RAG (clica na imaxe para ampliala)
O Publico portugués, en galego ILG-RAG (clica na imaxe para ampliala)
A páxina da 'Junta da Galiza' (clica na imaxe para ampliala)
A páxina da 'Junta da Galiza' (clica na imaxe para ampliala)